OBXECTIVOS E COMPETENCIAS

BÁSICAS
1. Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados codevandito campo.
2. Capacidade de concibir, deseñarou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
3. Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
4. Capacidade de realizar unhaanálise crítica e de avaliación e síntese de ideas nova e complexa.
5. Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súacomunidade científica internacional.
6. Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunhasociedadebaseada no coñecemento.

 

CAPACIDADES E DESTREZAS PERSOAIS
1. Desenvolverse en contextos nos que haipouca información específica.
2. Encontrar as preguntas claves que hai que responder para resolver un problema complexo.
3. Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectosnovidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
4. Traballar tanto en equipo como de xeito autónomo nun contexto internacional ou multidisciplinar.
5. Integrar coñecementos, enfrontarse ácomplexidade e formular xuízos con información limitada.
6. A crítica e defensa intelectual de solucións.

 

OUTRAS COMPETENCIAS
1. Ter unha visión actualizada, interdisciplinar e especializada do coñecemento e metodoloxía científica no ámbito psicosocioeducativo.
2. Ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos a ámbitos novos para formular e resolver novas preguntas, para formular e contrastar novas hipóteses.
3. Deseñar, planificar, realizar e informar sobre unha investigación psicosocioeducativaorixinal que contribúaao avance científico e social.
4. Deseñar, desenvolver e emprender proxectosnovidosos e innovadores no ámbito psicosocioeducativo.
5. Adquirir habilidades de análise e resolución de problemas complexos no ámbito das necesidades educativas especiais, o interculturalismo, a compensación de desigualdades, as variables sexo/xénero e/ououtras áreas de interese no ámbito educativo.
6. Comprensión sistemática da aplicabilidade do coñecemento empírico á investigación psicosocioeducativa, integrando coñecementos e formulando xuízos a partir dunha información incompleta ou limitada.
7. Dominar as habilidades, métodos e técnicas cualitativas e cuantitativas de investigación relacionados con este campo. Comprender o procedemento, valor e límites destas no ámbito da investigación psicosocioeducativa.
8. Ser capaz de analizar crítica e creativamente as ideas novas e complexas do seu campo de investigación, e extraer conclusións.
9. Formular preguntas clave para a investigación psicosocioeducativa e resolvelas mediante contribuciónsnovidosas e innovadoras que poidan ser publicadas en revistas de impacto a nivel nacional ou internacional.
10. Contribuíraodesenvolvemento científico mediante prácticas innovadoras orixinais no ámbito da intervención psico- socioeducativa.
11. Comunicarse, de forma oral e escrita, en diferentes formatos, con distintos fins e con diferentes colectivos, empregando, cando así se requira, un estilo de comunicación académico, científico e profesional.
12. Traballar en equipos de investigación de forma colaboradora e participativa, sendoaxente activo no impulso de redes de investigación, difusión das liñas de traballo e transferencia do coñecementoempregando distintas ferramentasou soportes de presentación e difusión.
13. Ser sensible ásimplicaciónssociais e éticas da investigación en educación, respectando e defendendo os dereitos humanos, os principios democráticos, a igualdade entre mulleres homes, a solidariedade, a protección medio ambiental, a accesibilidade universal, o fomento da cultura da paz e o enriquecemento humano.