Descrición do título

Este Programa de Doctoramento xorde da confluencia de líneas de investigación de dous programas anteriores:

  • Dificultades de aprendizaxe e procesos cognitivos
  • Investigación Psicosocioeducativa con adolescentes en contextos escolares.

Ambos, á súa vez, tiveron a súa orixe nos programas de doctorado impartidos polos Departamentos Psicoloxía Evolutiva e Comunicación e Análise e Intervención Psicosocieducativá da Universidade de Vigo desde 1996, polo que este Programa de Doctorado conta con profesores e profesoras de recoñecida experiencia na formación de doutores/as e investigadores/as en Psicología Escolar, Clínica, Teoría e Historia da Educación, Didáctica e Didácticas Especiais, entre outros ámbitos das Ciencias da Educación e do Comportamento.

É evidente a necesidade de formar doutores/as no ámbito das Ciencias da Educación, pois son os estudos más demandados nas Universidades españolas. Na Facultade de Ciencias da Educación de Ourense se prevé unha graduación por encima dos 200 estudantes no curso 2012-2013. Dos catro masteres ofertados nesta facultade completouse a matrícula desde a súa implantación en todos eles. Concretamente, o elevado número de preinscripciones realizadas e os datos de matrícula dos cursos 2010-2011, 2011-2012 e 2012-2013 no período formativo dos dous Programas de Doctorado dos que nace o presente Programa avalan o interés científico/profesional do mesmo.

A formación proporcionada por este título podría completar a formación inicial de mestres/as, psicólogos/as, pedagogos/as, psicopedagogos/as, educadores/as sociais, traballadores sociais e outros/as profesionais do ámbito educativo e socioeducativo, que queiran dedicarse á investigación psicosocioeducativa. Este Programade Doctorado optimizaríao proceso educativo dos seus estudantes e, en consecuencia, melloraría o exercicio libre da profesión nos seus lugares de traballo: centros escolares de infantil, primaria e secundaria; equipos e servizos especializados de orientación educativa e psicopedagógica; departamentos de orientación, equipos de orientación provinciales, centros de detección e tratamento das dificultades de aprendizaxe; área educativa e social de concellos, diputaciones, entidades de educación social en todos os ámbitos de intervención; centros de formación e recursos; centros públicos e privados de I D I; asesoramiento a AMPAS e a outras asociacións específicas.Por outra banda, supondría unha axuda especializada para aquelas persoas con necesidades especiais no campo da aprendizaxe, da autonomía persoal e social, e no apoio para a participación na comunidade, o lecer, etc.

En definitiva, este Programa de Doctorado pretende formar aos mellores profesionais e investigadores no ámbito da investigación educativa e da acción social.

A especificidad deste Programa de Doctorado, fronte a outros que poidan ofertarse no ámbito da Educación, radica en contemplar de xeito interdisciplinar aspectos pedagógicos, psicológicos e sociais, pensando nos perfís formativos previos de alumnado que cursa os grados de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Social ou Traballo Social no campus de Ourense. También está aberto también a titulados doutros campus e universidades, procedentes do ámbito de coñecemento psicológico, social e educativo.

Do total de estudantes matriculados nos oúltimos cursos académicos nos programas de doctorado desta Facultade unha porcentaxe importante proceden doutras provincias de Galicia, Castilla-León e norte Portugal, polo que este título estaría dirixido a investigadores e profesionais da docencia e orientación da zona que se indicou.

O ámbito socioeconómico no que se desenvolve este Programa de Doctorado é o terciario: os últimos censos revelan de forma clara unha prevalencia de funcións destinadas á educación e a cultura. Os titulados en Ciencias da Educación de Ourense preparan na súa mayoría oposicións para acceder ao corpo de mestres ou para a ensinanza secundaria.

O Programa de Doctorado proposto inspírase no artígo 4 do Decreto 222/2011 e cumpre os requisitos xerais e específicos no sentido de non coincidir con outros propostos no sistema galego, complementarse con outros propostos e ánimos de colaborar na racionalización da oferta global galega de acordo cos intereses socioculturales e científicos do país.