Presentación

 

Este programa pretende a formación de doutores e doutoras nestes dous amplos campos de coñecemento, concretados nas liñas de investigación ofertadas, así como naquelas outras que se podan incorporar a partir da detección de novas necesidades investigadoras, a existencia de candidatos/as para abordalas, e o convite a novos especialistas para que colaboren na orientación das mesmas.

Un programa dirixido fundamentalmente a graduados/as e posgraduados/as das Universidades galegas e do Norte de Portugal, coa porta aberta a investigadores dos territorios e linguas afíns que escollan a Universidade de Vigo para contribuír á produción de coñecemento nas liñas de investigación sinaladas.

O noso pasado e as nosas expectativas de creación colectiva nos campos da educación, psicoloxía, psicopedagoxía, xerontoloxía, sociopedagoxía, sexoloxía ou etnografía, entre outros, aparecen reflectidos nesta páxina web, e pódese solicitar mais información contactando cos servizos de xestión ou co profesorado responsable da dirección e impartición do programa.

Por nós fala tamén o noso alumnado xa doutorado ou en vías de obtención de tal distinción. Convidámoste a coñecer o noso proxecto e aportarnos as túas perspectivas.    

 

The objective of this PhD programme is to train researchers in both fields of knowledge, summarized in the existing lines of research, as well as in those that can be added in the future due to different research needs, new candidates, and the invitation of specialists to collaborate.

This PhD programme is mainly aimed at graduate and postgraduate students from the universities of Galicia and North Portugal, but also at any researcher with a similar language who chooses the University of Vigo to contribute to the production of knowledge along the mentioned lines of research.

On our website you can read about our past and expectations of collective creation in the fields of education, psychology, psychopedagogics, gerontology, sociopedagogics, sexology or ethnography, among others, and more information may be requested by contacting the Management Services team or the faculty responsible for the programme.

We invite you to find out about our project and contribute to it with your ideas or comments.

 

Convenios